DESCRICIÓN DO CAMPUS
1.-O Campus de rugby de SEMANA SANTA 2017 ten como obxectivo a iniciación ao rugby, aproveitando as súas grandes virtudes educacionais; ademais da realización de xogos para mellorar as habilidades físicas dos nenos.

2.- O Campus ponse en marcha polo C.R.A.T.Coruña, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Arteixo, e a participación da Federación Galega de Rugby.

3.- A escola desenvólverase nas instalacións deportivas de Agarimo en Arteixo

4.- O horario do Campus é do lúns 10 de abril ata o mércores 12 de abril de 2017, de 10.00 a 14.00 horas.

5.- Opción comida por 30 € máis, sempre que se cubran mínimo 15 prazas de este servizo. Neste caso o horario de recollida dos nen@s pasaría ás 16.00 horas.

NÚMERO DE PRAZAS , IDADES E INSCRICIÓN
1 . – A escola terá un total de 50 prazas, para nenos e nenas, de 6 a 14 anos, separados en grupos por
idades.
2.- A inscrición poderase realizar ata o 6 de abril cubrindo a ficha de inscrición e presentandoa en :
• No local social do CRAT (“El Local”) na avda. Calvo Sotelo, 5 (15004 – A Coruña), ou
• Por e-mail, adxuntando tamén o xustificante de pago a: crat.rugby@gmail.com
3.- Prezo da actividade 20 € (excepto os nenos e nenas federados no clube, que só pagarán 5 €) na
conta do C.R.A.T. Coruña, indicando o nome do deportista.
La Caixa
2100 2725 20 0200021623
ABANCA
2080 0708 95 3040002023

capture-20170403-114044

MATERIAL PRECISO NA MOCHILA:
– Roupa adecuada ao día.
– Calzado deportivo e botas de rugby.
– Merenda e auga.
– Roupa para ducharse: muda, toalla, xabrón e
chanclas.

INSTALACIÓNS:
CPR AGARIMO (CIUDAD DE LOS MUCHACHOS)
Rúa Padre Villa, 30, 15141, Laxobre, Arteixo

hh

Para calquera dúbida, contactar con Jesús Collar de
16,00 a 20,00 h. no móbil 606 403 097

Descarga o trípitico dende o seguinte enlace:    campus rugby ss 17

Compartir en redes sociales