A canteira do CRAT presenta as suas credenciais de favorito ao ascenso e promete futuro.

O CRAT B impusose con claridade ao recén nado Barbanza e recollen os primeiros froitos desta tempada do traballo ca base.

77.- CRAT: Rulas, Chas, Jaime, Mate, Maxi, Marcos, Ramón, Catru, Isaac, Andrés, Jorge, Vila, Lucho, José P. Julio y Brunetti. Tamén xogaron, Dalli, Mateo, Nacho, Fran, Blas, Álex, Luis e Ian.

3.- Barbanza RC: Jorge, Lampón, Sixto, Santos, Gabriel, Ordóñez, Marcos, Diego, Francisco, Indalecio, Hugo, Fabeiro, Rodrigo, Samuel e Narciso..

Árbitro: Fernando Bolós. Mostrou tarxeta amarela a Lucho (’31) por xogo sucio.

Marcador:
Min. 06: 05-00. Ensaio de Isaac.

Min. 09: 05-03. Golpe de castigo transformado por Indalecio.

Min. 11: 10-03. Ensaio de Brunetti.

Min. 13: 17-03. Ensaio de Lucho, transformado por Jorge.

Min. 16: 22-03. Ensaio de Ramón.

Min. 33: 27-03: Ensaio de Brunetti.

Min. 38: 32-03. Ensaio de Catru.

Min. 43: 39-03. Ensaio de Marcos, transformado por Brunetti.

Min. 48: 46-03. Ensaio de Jorge, transformado por él mesmo.

Min. 54: 53-03. Ensaio de Álex, transformado por él mesmo.

Min. 64: 58-03. Ensaio de Andrés.

Min. 69: 65-03. Ensaio de Brunetti, transformado por él mesmo.

Min. 70: 72-03. Ensaio de Catru, transformado por Brunetti.

Min. 73: 77-03. Ensaio de Isaac.

Sucedeu o que pasa no rugby cando se encontran dous equipos chamados a diferentes metas. Mentras o Barbanza trata de construir un proxecto que plante a semente do balón oval na serra, o CRAT diseñou un filial para sentar as bases do seu futuro.

Misión cumprida por ámbolos dous bandos. Os visitantes deixaron un moi bo sabor de boca na súa visita a Acea de Ama- O resultado é o de menos. O seu é sumar experiencia e ir alimentando as escolas nunha comarca que segue con admiración á olímpica e campeona de Europa Vanesa Rial.

No CRAT persiguense outros fines. Tras moitos anos de traballo coa canteira, chegan á competición aqueles rapaces que fai doce o catorce anos comezaron neste deporte. Hoxe demostraron que xa no son rapaces e xa mandaron un recado aos do primeiro equipo: “Coidado que imos”.

A faciana de Helen Roca, unha das adestradoras e máxima responsable técnica do clube, irradiaba satisfacción. O CRAT B promete grandes tardes de rugby a quenes atrevanse a seguilo. Xa hai nomes para apuntar. O primeiro: O “mago” Brunetti.

a

Miguel Pampín

 prensa@cratcoruna.com

Compartir en redes sociales