CARA E CRUZ PARA O CRAT NAS FINAIS DA COPA XUNTA DE RUGBY A SETE

18485315_10158693682560313_5847165936949013900_n

O día das letras galegas e no estadio universitario de Ourense disputouse a xa tradicional Copa Xunta de Rugby, pero nesta ocasión cunha novidade, non se trataba dun torneo de rugby 15, senon de seven. Si ben é certo que o novo formato revitalizou a competición respecto aos anos anteriores, nono é menos que notouse a ausencia dalgúns conxuntos e numerosos xogadores.
A pesar de que a estas alturas da tempada as pernas xa pesan o CRAT reuniu tres equipos que realizaron bos papeis.

Na categoría feminina, Jos e Juansal. a pesar de non contar con varias das estrelas do equipo, consigueron formar un gran conxunto que impusose con solvencia nunha competición que logrou completar sin recibir ni un so ensaio en contra.

Na categoría masculina Helen dirixiu aos dous conxuntos, un formado por xogadores íntegramente do equipo de rexiona e que rematou o campeonato nunha meritoria sexta plaza e outro formado principalmente por xoadores do equipo de nacional que finalizou segundo tras perder a final contra un Ourense Rugby que puso a guinda así a unha tempada na que demostrou ser o mellor equipo masculino da rexión.

integrantes

patrocinadores

prensa@cratcoruna.com