Conscientes da superioridade das suas xogadoras, Jos e JuanSal propuseronse que o primeiro partido servise para cambiar algunhas rutinas

3.- Campus Ourense: Ana María, Lennox, Noa, Rodríguez, Gal, Menacho, Miriam, Tais, Cecilia, Kerollaine, Estefanía, Cristina, Diana e Alonso. Tamén xogou Vanesa Pereiro.

108.- CRAT Universidade: Danae, Chiclana, Mélani, Mónica, Raquel, Turena, Alevín, Elsa, Paula, Laura, Tania, Bea, Ana, Ainhoa y Silvia. Tamén xogaron Irene, Aida, Noa e María.

Árbitro: Narciso Pérez.

Marcador:
Min. 02: 00-07. Ensaio de Elsa, transformado por Ana.

Min. 12: 00-14. Ensaio de Bea, transformado por Ana.

Min. 18: 00-21. Ensaio de Ainhoa, transformado por Ana.

Min. 26: 00-26. Ensaio de Ainhoa.

Min. 28: 00-33. Ensaio de Silvia, transformado por Ana.

Min. 32: 00-40. Ensaio de Elsa, transformado por Ana.

Min. 39: 00-45. Ensaio de Elsa.

Min. 42: 00-52. Ensayo de Elsa, transformado por Ana.

Min. 51: 00-59. Ensaio de Ana, transformado por ela mesma.

Min. 54: 00-66. Ensaio de Laura, transformado por Ana.

Min. 57: 00-73. Ensaio de Turena, transformado por Ana.

Min. 60: 00-80. Ensaio de Aida, transformado por Ana.

Min. 62. 00-87. Ensaio de Turena, transformado por Ana.

Min. 64. 00-94. Ensaio de Silvia, transformado por Ana.

Min. 70. 03-94. Golpe de castigo transformado por Ana María.

Min. 74. 03-101. Ensaio de Ainhoa, transformado por Ana.

Min. 78. 03-108. Ensaio de Elsa, transformado por Ana.

Contundente debut do CRAT, ata o colexiado perdeu a conta do tanteador final ─3-108─, reflexando no acta dous ensaios menos dos rexistrados. Máis alá da anécdota e do mérito que teñen as ourensanas, dando a cara en todo momento, o encontro tivo unha lectura interesante de cara ao futuro.

Jos Portos e JuanSal, adestradores, conscentes das diferencias entre ámbolos dous equipos, aproveitaron o partido para poñer en marcha “un novo plan de xogo”. Tratábase, según os técnicos, de “correxir algunhas cousas, defender un pouco máis duro”.

Jos mostrabase satisfeito: “O bo é que saiu todo o que imos adestrando e diso tratábase. Pedimoslles ás chicas que estiveran atentas, que fagan xusto o que se lles pedira, e así foi”.

A mala nova da mañá foi a lesión de Danae Viñas, que retirouse con fortes dores no nocello dereito. As probas médicas determinaron rotura do maleolo do peroné.

Dende aquí mandamos moitísimo ánimo a nosa xogadora, desexando se recupere pronto.

 

a

Miguel Pampín

 prensa@cratcoruna.com

Compartir en redes sociales