Ás 12:00 do domingo CRAT e Getxo R.T. disputarán un dos encontros máis importantes da historia do rugby coruñés.

Nada que ver cas guerras napoleónicas, pero no mesmo campo de batalla, este fin de semana disputarase en Elviña a semifinal da División de Honra Iberdrola, máxima categoría do Rugby feminino español, nun encontro que deixará a un equipo clasificado para a gran final e a outro fora da competición.

En comparación co panorama internacional, en España o rugby feminino ten un nivel moi superior ao masculino e así o atestigua por exemplo o diploma olímpico que as rapazas de seven colleitaron o pasado verán en Rio, feito absolutamente impensable na categoría masculina. O domingo disfrutaremos na nosa cidade do mellor encontro a nivel de clubes que nunca se disputara en Galicia e no que poderase ver sobre o terreno de xogo a dúas campionas de Europa, catro deportistas olímpicas e máis dunha ducia de xogadoras internacionais. 

O CRAT é conscente de que este encontro frontre ao Getxo será o máis duro do que levamos de tempada, pero o corpo técnico mostrase confiado en axustar os pequenos erros que puidéronse ver nos últimos enfrontamentos e levarse o gato ao auga aportando dinamismo ao xogo.

Tendo en conta que a hipotética final xogarase en campo neutral esta é sin lugar a dúbidas unha cita ineludible para calquer aficioado ao rugby na Coruña e é un partido perfecto para que toda persoa que sinta curiosidade acerquese así ao deporte oval.

Durante o choque farase unha recollida de leite a beneficio da «Asociación Agarimo». Dende aquí invitamos a tódolos siareiros do clube a participar en tan bonita causa e ao mismo tempo entrar no sorteo dunha camisola da Selección Española de Rugby.

patrocinadores

prensa@cratcoruna.com

Compartir en redes sociales