O CRAT pechou a primeira volta da competición Segunda Teritorial Galega como líder invicto. A súa última vitoria foi hoxe ante o Club Rugby Fendetestas de As Pontes por un 29 a 19.

Os homes entrenados por Helen, Evaristo e Chris, con una media de idade de 22 anos, realizaron unha gran primeira volta na que demostraron que o equipo ten calidade para poder optar a estar o vindeiro ano na Primeira Territorial Galega.
Xogábase hoxe en Acea de Ama o liderazgo de grupo e o CRAT non defraudou realizando o mellor partido do que vai de tempada, cunha gran actitude en ataque e sobre todo en defensa contra un equipo moi peleón con xente nas súas filas curtidos en mil batallas.
Remataba a primeira parte de dominio alterno por parte dos dous equipos cun 5 a 7 a favor do Fendetestas.

A segunda parte foi máis do CRAT que aproveitou o seu fondo de banquillo para aportar máis frescura ao seu xogo e que colocaba o marcador nun 22 a 7, aínda así o club de As Pontes non daba por perdido o encontró e acosaba ao CRAT no seu campo. Froito desa insistencia conseguían dous ensaios consecutivos que facían acercalos ao equipo Coruñes e que os poñía en condición de conseguir bonus defensivo.
Un último arreón do CRAT puso o resultado nun 29 a 19 final, conseguindo punto bonus ofensivo e privando ao Fendetestas do defensivo.

Ágora a liga descansa ata Xaneiro onde o CRAT viaxará ata as Rias Baixas para enfrontarse ao Barbanza R.C.

patrocinadores

prensa@cratcoruna.com

Compartir en redes sociales